![[]](/images/trans.gif)
Devolucións
Todos os artigos pódense devolver dentro dun prazo máximo de 7 días a partir da data entrega. (Art. 44 da Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio polo miúdo modificada pola Lei 47/2002, de 19 de decembro).
Soamente podemos aceptar cambios de artigos sen usar, en perfecto estado, devoltos dentro da súa embalaxe orixinal e con todas as etiquetas orixinais fixadas no produto.
Os gastos de envío nas devolucións correrán por conta do cliente, quen deberá envialos de forma segura e coas garantías necesarias para que a mercadoría devolta chegue en perfecto estado de conservación.
Para realizar unha devolución, escribe un e-mail á direccion: info@camisetaimedia.com indicándonos, que desexas realizar unha devolución, incluíndo os teus datos persoais, o número de pedido e o motivo da devolución. Recibirás un correo especificando as instrucións precisas para a devolución do produto.
Se a causa da devolución é por un erro noso, correremos cos gastos de envío e volverémosche a producir o teu pedido con total calidade.
Ten presente que o teu deseño, realizarémolo tal e como aparece na túa folla de pedido, por favor, confirma:
- a talla
- cor
- debuxo antes de envialo a producir.
Os erros atribuíbles ao usuario, tales como fallos ortográficos, fondos brancos, deseños de baixa calidade etc non son xustificables para a súa devolución.
Tentaremos que isto non ocorra revisando cada deseño antes de estampalo na peza elixida, e porémonos en contacto contigo se algo nos chama a atención neste sentido. Polo tanto, por favor, revisa moi ben o teu pedido antes de confirmar a túa compra.
Todos somos humanos e equivocámonos algunha vez, seguro que falando arranxámonos.