[]

PREGUNTAS FRECUENTES

 

 

COMO CALCULO A MIÑA TALLA?

A mellor maneira de acertar coa talla é que busques unha camiseta que teñas pola casa e tomes un par de medidas para comparala coas das nosas pezas.

Esténdea sobre unha mesa, ben estirada e tómalle a medida de ancho e de alto. Comprobarás no noso catalogo que temos camisetas entalladas e camisetas normais, é posible que nun modelo uses unha talla M, pero nunha camiseta entallada necesites unha L, comproba ben a túa talla.

A anchura refírese á distancia entre a costura das axilas.

Altura é desde a parte mais alta do pescozo até o bordo da camiseta pola cintura.

Unha vez teñas estas medidas poderás comprobar a talla que mellor se adapta a ti.  

Talla Roupa Home

Talla Roupa Muller

Talla Infantil

(subir)

QUE PEZAS OFRECEDES?

Atoparás unha longa cantidade de produtos separados en categorías. Camisetas, polos, sudaderas. De manga longa, con carapucha, cremallera e demais características.

Roupa de Home

Roupa de Muller

Infantil

Entre as camisetas hai entalladas, de pescozo de pico, sen mangas, de tirantes, etc etc.

Traballamos con Fruit of the Loom, e Russell principalmente, en ambos os casos son camisetas de boa calidade, con ampla gama de cores e mantemos dispoñibilidade constantemente.

(subir)

SON DE CALIDADE?

Só traballamos cos produtos de calidade das primeiras marcas do mercado.

A composión da maioria das prendas é 100% algodón, anque atopases polos e camisetas de moza con algo de elastan e outros compoñentes.

En cada peza atopases un descripción detallada da súa composición.

(subir)

COMO PERSONALIZO A MIÑA CAMISETA?

O personalizador é unha completa ferramenta de edición de imaxes e textos coa que poderás  personalizar a peza que queiras, facer probas, variar cores, tamaño, combinar varios deseños, cambiar de produto e moitas mais posibilidades para crear unha camiseta ao teu gusto.

Aqui tes unha descrición moi detallada de como personalizar unha camiseta.

Podes subir unha imaxe desde a túa computadora, engadila no peito ou nas costas, cambiar de cor de camiseta e de modelo ata que atopes a combinacion que máis gústeche.

(subir)

QUE TECNICA UTILIZADES PARA ESTAMPAR AS CAMISETAS?

Somos especialistas en personalizar camisetas, traballamos o bordado, e sobre todo a impresión dixital directa.

A mellor por calidade, duración e tacto é a impresión dixital directa.

Esta é a técnica coa que produciremos todas as túas camisetas.

É unha técnica que nos permite traballar ao detalle conseguindo unha definición microscópica, á fin e ao cabo trátase dunha gran impresora de uso téxtil onde alimentamos a camiseta e un cabezal de gran calidade encárgase de imprimir ao detalle o teu deseño.

A principal vantaxe desta técnica é a calidade do resultado final, a duración da camiseta e o deseño, e que a camiseta segue transpirando polo que resulta moito mais agradable de vestir que as técnicas que requiren dun soporte plástico intermedio como é o vinilo.

(subir)

PODO FACER EN PEITO E COSTAS?

Si, tes 4 zonas diferentes para facer crear a túa camiseta, dúas na parte dianteira e dúas nas costas. En ambos os casos podes colocar o deseño arriba ou abaixo

(subir)

E AS MANGAS?

Nas mangas non podemos, de momento imprimir con tecnoloxía dixital.

(subir)

CAL É O PEDIDO MINIMO?

O pedido mínimo é 1 camiseta.

Sentímolo, non podémosche vender menos de 1 camiseta.

(subir)

E SE QUERO MOITAS?

Se queres mais de 10 camisetas, por favor,  pidenos un orzamento contándonos os detalles do que andas buscando, se son para unha despedida, unha peña de festas ou para un grupo de música, cóntanos o que necesitas e farémosche unha boa proposta.

Depende do que necesites recomendarémosche a tecnica máis económica, (Vinilo, Serigrafia, transfer ou impresion dixital) para as túas camisetas.

Mándanos un mail e falamos.

(subir)

QUE FORMATO E TAMAÑO DEBEN TER OS DESEÑOS?

EPS, PNG, JPG, GIF, son os tipos de arquivo nos que podes subir os teus deseños.

Nós apostamos por PNG porque respecta as transparencias e mantén a calidade do deseño.

O ideal é un deseño de 30cm x 40cm a unha resolución de 300 ppp, en calquera caso cando subas o deseño presentase sobre a camiseta ao tamaño ideal para que a impresión quede con calidade, canto mais grande o fagas mais se pixelará.

Ademais, en todo momento verás unha barriña de calidade que vai do vermello ao verde, se esta en verde é que tes un deseño perfecto, se se vai cambiando a vermello, é que necesitas mais calidade.

(subir)

OUTROS ASPECTOS PARA UN BO DESEÑO

Podes preparar un deseño con todas as cores que queiras, non hai limite, pero dámosche un par de consellos para mellorar o resultado.

Ás veces os negros non son tan negros, recomendámosche subir os tons negros a un 100% e os brancos a un 100%, desta forma o deseño terá moito máis contraste.

Así mesmo recomendámosche que lle subas os tons ás cores mais vivas

Evita as transparencias que se fundan coa cor da camiseta. Sobre as pezas de cor, primeiro temos que imprimir en branco para que as cores queden reais, tal e como os deseñaches, para despois imprimir a toda cor. Non te preocupes o branco da primeira impresión non se verá.

Pero se fas un deseño imaxinando unha cor ao 50% de opacidade sobre a camiseta, por exemplo, o resultado non será o esperado, xa que temos que imprimir branco debaixo e o efecto non será o que querias, senón que a trasparencia  farase sobre un branco.  O motivo é que a máquina, cando se lle manda o arquivo, primeiro fai unha composición ao pixel de onde vai ir despois a impresión coas cores, pero non pode saber que esa cor é en realidade unha transparencia…

(subir)

VAI A QUEDAR COMO O VÉXO EN PANTALLA?

Case, é imposible que quede igual, as cores que se presentan en pantalla están feitos con luz propia, e a impresión nunha camiseta é con tintas e sobre un tecido.

Dito isto, o deseño quedase tal e como o esperas, canto mellor calidade teña o deseño mellor quedará impreso e mais fieis serán as cores á realidade.

(subir)

 

O FONDO BRANCO VAISE A IMPRIMIR? COMO O QUITO?

Si, claro que se vai a imprimir. Tal e como se ve na pantalla será como o estampemos na camiseta.

Se queres quitar o fondo branco deberas manexar un pouco de photoshop, é fácil.

Abre a imaxe en photoshop, selecciona a variña máxica fai click sobre o branco de fondo que queres eliminar, dálle a suprimir e desaparecerá da pantalla. Se é necesario repite estes pasos por todas as manchas brancas que queiras eliminar.

Garda o deseño como un arquivo PNG, e listo, A túa imaxe xa non ten fondo.

(subir)

RETOCADES OS DESEÑOS?

Por regra xeral non. Se vemos que algo esta mal, vai quedar feito un desastre ou o arquivo ten algunha pega, porémonos en contacto contigo para tentar axudarche a mellorar o arquivo ou solucionar o que sexa necesario.

Non queremos camisetas a medias, apostamos pola calidade, por iso hai unha persoa en todo o proceso que, utilizando a súa experiencia e coñecemento ten a última palabra antes de producir a camiseta, se el o ve ben, a camiseta será do teu agrado, seguro¡¡

(subir)

CANTO TEMPO TARDADES EN ENVIAR A MIÑA COMPRA?

Tentamos que a túa camiseta este preparada en 24 horas para que a recolla o transportista e cha leve directamente a casa, para que a teñas entre dous e tres días despois de facer a túa compra.

O noso compromiso é entregar todas as compras nas 72 horas seguintes, pero se necesitas as túas camisetas con urxencia, por favor, fáinolo saber no teu pedido para confirmarche as datas de entrega.

(subir)

COMO SON OS GASTOS DE ENVIO

Todas as entregas son por mensaxeria en 72 horas terás a túa camiseta entregada.

Se compras 1 camiseta 2 ou 3, custarache o mesmo, 5.03 € o envio (IVE incluído), se compras 4 ou mais de catro para entregar na mesma direccion, o envio é GRATIS.

Fai a compra conxunta cos teus amigos ou a túa familia para que vos saia máis barato.

 (subir)

COMO O ENVIADES?

Enviámolo por transporte de mensaxeria. É importante que facilites ben os teus datos, indicando cal é o mellor horario para entregarche a túa compra.

(subir)

ENVIADES FÓRA DE ESPAÑA

De momento non, pero estamos a avanzar para comezar en Europa, en canto teñámolo preparado avisarémosche.

(subir)

CAL É A VOSA POLITICA DE DEVOLUCIÓNS?

Todos os artigos pódense devolver dentro dun prazo máximo de 7 días a partir da data entrega.  (Art. 44 da Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio polo miúdo modificada pola Lei 47/2002, de 19 de decembro).

Soamente podemos aceptar cambios de artigos sen usar, en perfecto estado, devoltos dentro da súa embalaxe orixinal e con todas as etiquetas orixinais fixadas no produto.

Os gastos de envío nas devolucións correrán por conta do cliente, quen deberá envialos de forma segura e coas garantías necesarias para que a mercadoría devolta chegue en perfecto estado de conservación.

Para realizar unha devolución, escribe un e-mail á  direccion:  info@camisetaimedia.com indicándonos, que desexas realizar unha devolución, incluíndo os teus datos persoais, o número de pedido e o motivo da devolución. Recibirás un correo  especificando as instrucións precisas para a devolución do produto.

Se a causa da devolución é por un erro noso, correremos cos gastos de envío e volverémosche a producir o teu pedido con total calidade.

Ten presente que o teu deseño, realizarémolo tal e como aparece na túa folla de pedido, por favor, confirma:

  • a talla,
  • cor
  • e debuxo antes de envialo a producir.

Os erros atribuíbles ao usuario, tales como fallos ortográficos, fondos brancos, deseños de baixa calidade etc non son xustificables para a súa devolución.

Tentaremos que isto non ocorra revisando cada deseño antes de estampalo na peza elixida, e porémonos en contacto contigo se algo nos chama a atención neste sentido. Polo tanto, por favor, revisa moi ben o teu pedido antes de confirmar a túa compra.

Todos somos humanos e equivocámonos algunha vez, seguro que falando arranxámonos.

(subir)

16.95 € UNHA CAMISETA, NON É MOITO?

Seguramente si, pero se temos en conta que podes ter unha camiseta ÚNICA sabendo que ninguén máis pode ter, que é 100% orixinal túa, co teu deseño, coas túas cores, coa túa mensaxe, seguramente empeza a ser un prezo mais adecuado.

Se ademais temos en conta que é unha camiseta de calidade e que a impresión dixital directa é unha técnica de fantástico resultado e longa lonxevidade, por 16.95 euros terás unha camiseta única e durante moito tempo.

Se queres unhas camisetas para unha despedida, unha peña de festas ou para vender porque sodes un grupo de música, por favor ponche en contacto connosco para darche unha mellor solución. 

(subir)

QUE FORMA DE PAGO OFRECEDES?

Traballamos con Paypal, por ser o método mais seguro para as transacións comerciais e onde os teus datos están mais protexidos.

A principal vantaxe de pagar con paypal é que os teus datos non viaxan pola rede constantemente. Paypal é unha xigantesca entidade que ten acordo con todos os bancos e encárgase de protexer os teus datos e o teu diñeiro cando fas transacións, de forma que ninguén ten acceso ao teu nº de canta e eses datos tan delicados.

É fácil e moi practico.

Se non tes, pica aquí e comproba que é moi sinxelo configurar a túa conta, ademais virache moi ben para facer compras por internet. É cómodo e moi seguro.

(subir)

125